Na mañá do domingo 5 finou no seu domicilio o historiador e escritor Marcos Valcárcel. O “intelectual tranquilo”, como o denominaron nalgunha ocasión os seus amigos, foi un traballador incansable pola cultura galega á que contribuíu con numerosos estudos e á súa difusión a través dun blog “As uvas na solaina”, que lle valeu numerosos premios. Ademais da súa faceta investigadora, tamén cultivou o lado creativo con diferentes obras. A Xunta concedeulle en 2009 a Medalla Castelao.
Ningún comentario:
Publicar un comentario