O martes, 22 de marzo, visitaranos o escritor e ilustrador Anxo Fariña. É o autor da colección Os Megatoxos, libros que contan a historia de catro rapaces que sofren unha mutación a causa da picadura dun toxo, a cal lles outorga uns estraños poderes . A primeira das aventuras desenvólvese en Os Megatoxos e o aprendiz de druída.
Na nosa biblioteca contamos tamén cos dous libros seguintes : Os Megatoxos e a espada esmeralda e Os Megatoxos e os Templarios da luz.
Anxo Fariña conta con moitos lectores no noso centro que agardan expectantes a publicación do nº 4.
Benvido Anxo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario