“Dentro das dúas obras de teatro que fomos ver, destacamos a traxedia de Medea. Nela salientamos a representación da actriz que realizaba o papel de Medea, a protagonista. Impresionounos a naturalidade da sua actuación, visible nos seus xestos e na fluidez do seu discurso , e a empatía co persoaxe que estaba a representar”.
Ana Gestal e Lucas Miraz
Isabel Cabado
" A traxedia Medea representouse cun forte sentimento, grazas ao ambiente creado polas voces do coro e pola xenialidade dos seus actores. O Miles Gloriosus foi unha comedia moi amena e divertida, debido principalmente a simpatía dos actores".
Ánxela Varela
" Da traxedia de Eurípides, na cal a violencia e a vinganza son a parte primordial da historia, gustaríame destacar a atemporalidade dos feitos e a emoción que aporta o coro, o que me permitiu conectarme coa historia con maior facilidade. Miles Gloriosus resultoume moi divertida, e destacaría a adaptación da obra aos nosos tempos, introducindo léxico e accións da actualidade".
Cristina Miraz
" A traxedia de Medea é unha obra na que se mesturan sentimentos complexos e intensos, que dan lugar a un desenlace tráxico e inhumano, aínda que xustificable. Foi unha obra intensa e emotiva, debido á magnífica actuación do coro e da protagonista. Pola contra, a comedia de Plauto é unha obra pensada para rirse: as situacións de equívoco, as pelexas e enganos buscan a risa e entreter ao espectador, consegido grazas ao escravo Palestrión e demais personaxes arquetipos graciosos das obras de Plauto".

Lucas Varela
" Con respecto as obras quédome coa traxedia, xa que o tema que trata, o egoismo, é un tema que está presente na nosa sociedade. Nesta peza teatral vese como os personaxes o único que queren é conseguir os seus obxectivos, sen importarlles o dano que causen".
Sara Abad
"A traxedia de Medea trata un tema moi actual, como é a separación e as consecuencias que esta pode acarrear. Neste caso, é a muller quen doida pola separación mata aos seus fillos, este tipo de feitos podémolos observar desgraciadamente no presente, no que vivimos. O engano é un tema que trata a comedia de Miles,a base de enganos e mentiras os actores fixéronos pasar un bo anaco".
Carla Gayoso
"Miles Gloriosus fíxome rir moito. O personaxe que máis me chamou a atención foi Palestrión, porque a maneira na que falaba e o seu comportamento era gracioso. Para o ano gustaríame volver".
Uxía Iglesias

Ningún comentario:
Publicar un comentario