O escritor e ilustrador Anxo Fariña visitou o noso centro e mantivo un encontro co alumnado de 1º de ESO . Ensinounos como a partir de calquera obxecto, por vulgar e corrente que sexa, podemos crear unha historia. Xogamos con el a caracterizar os personaxes de Os Megatoxos e vimos como deseñaba cunha facilidade abraiante o retrato dun compañeiro.
Grazas Anxo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario