17/06/11

Economía humanista

"Ante a situación actual da crise parece ineludible exporse un problema crave: decidir se o fin primordial das actividades económicas é aliviar as necesidades materiais da Humanidade ou, pola contra, aumentar os beneficios monetarios dos adiñeirados. A cuestión imponse porque a información cotiá móstranos que o segundo obxectivo prevalece frecuentemente sobre o primeiro. Un exemplo flagrante ofréceo a axuda mundial contra o fame sufrida, segundo a FAO, por mil vinte millóns de persoas. No ano pasado [2008], mentres os gobernos dedicaban centos de miles de millóns para salvar ás institucións financeiras en crises, a propia FAO só recibiu a promesa (nunca cumprida logo) de doce mil millóns. (...) A liberdade é como as cometas: só voan cando están ben atadas. A corda que as retén é a responsabilidade inseparable da liberdade. Sen ela, rebáixase a mera vontade arbitraria. Por iso os revolucionarios de 1789 suxeitaron o seu cometa da liberdade con dúas cordas: a igualdade e a fraternidad. Dúas forzas ben necesarias hoxe para inspirar unha economía humanitaria"(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas