01/12/11

Nicanor Parra - Premio Cervantes 2011



Nicanor Parra (Chile, 1914). Poeta, ensaísta e narrador chileno. Naceu en San Fabián de Alico, zona agrícola de Chillán, no seo dunha familia de artistas populares. O pai era improvisador de versos; a nai, tecedora. Alternou os seus estudos de matemáticas e física e o seu exercicio como catedrático nesas especialidades co quefacer literario; cofundador da Revista Nueva, ocasional cultor do conto e do ensaio, é, sobre todo, poeta. Inicialmente evocativo e sentimental en Cancionero sin nombre (1937), máis tarde adoptou en definitiva a liña que el mesmo denomina "antipoesía", revelación irónica e iconoclasta dun mundo problemático, feita en linguaxe antirretórico, coloquial, a miúdo sorprendente. Esta renovación de proxeccións internacionais, comeza en Poemas y antipoemas (1954) e prolóngase nunha ducia de obras máis. Obtivo o premio Nacional de Literatura (1969), o internacional Juan Rulfo na súa primeira entrega (1991) e o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana de 2001; ten varios doutoramentos honoris causa.

Fonte: lecturalia.com, epdlp.com, nicanorparra.uchile.cl

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas