Volve recrearte coas curtas este luns de 15:45 a 16:20. No salón de actos, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística proxectará:
Taxia
Comedia muda de animación realizada por Alberto Fernández e David Robles. Conta a historia dunha anciá que sofre, por causa da idade, alteracións na percepción da realidade. Cando un grupo de adolescentes urbanos e a súa música atronadora irrompen na tranquila vida rural, calquera cousa pode pasar...
O máis rico do cemiterio
A ambición pode levar aos humanos a situacións extremas. Esta é a reflexión última que suscita no espectador O máis rico do cemiterio, unha produción de Jorge Fernández, protagonizada por Avelino González, Luís Iglesia e Anabell Gago, na que se conxuga un dos temas característicos da idiosincrasia galega: a morte, xunto coa historia do crime perfecto.
Os Crebinsky
A curtametraxe de Enrique Otero, será o xermolo da longametraxe do mesmo nome realizada no 2009. Nela mestúrase o mellor do cine mudo co relismo máxico galego de autores coma Cunqueiro ou Rivas para contarnos a historia de dous irmáns que sobreviven na Costa da Morte grazas ás crebas: os obxectos que vai deixando o mar na area. Recolle tamén a historia, xa contada por Rivas, dun cargamento de leite condensada, procedente dun naufraxio, que chega a Arou nos anos 70 e a curiosa reacción dos lugareños que descoñecían o produto...
Ningún comentario:
Publicar un comentario