Integrada no Sindicato Labrego Galego dende 1976.
É dona, xunto ao seu compañeiro, dunha explotación agraria no concello de Vedra (A Coruña), que fai venda directa e na que se utiliza o método labrego tradicional de produción.
Ocupa o cargo de Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego dende 1989. É, na actualidade, a única muller que ocupa a máxima responsabilidade nunha organización agraria no Estado Español e unha das poucas que o fai na Unión Europea. Tamén forma parte da Secretaría das Mulleres do SLG.
Foi membro da Executiva da Coordinadora Labrega Europea (CPE) durante catro anos e, na actualidade forma parte do Consello desta organización en representación do SLG.
En outubro do ano 2000 participou en Roma representando á Vía Campesina nun coloquio sobre “Seguridade alimentaria e explotación agraria familiar” organizado pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) con ocasión do Día Mundial da Alimentación.
Participou activamente, como conferenciante e activista, nos tres Foros Sociais Europeos celebrados en Florencia, París e Londres.
Ten impartido infinidade de conferencias en Galiza e fóra dela na súa calidade de Secretaria Xeral do SLG, cunha grande diversidade temática: seguridade alimentaria, sector lácteo, situación das mulleres labregas, mundo rural, Política Agraria Común, etcétera.
Na cuarta Conferencia Internacional da Vía Campesina, celebrada en São Paulo (Brasil) entre os días 14 e 19 de xuño de 2004, foi elixida para formar parte da Comisión Internacional de Mulleres de Vía Campesina en representación de Europa.
Icíar Bollaín Pérez - Mínguez naceu o 12 de xuño de 1967 en Madrid. Aos 16 anos foi escollida por Víctor Erice para protagonizar El sur. Complexo drama sobre as relacións entre unha moza e o seu pai (Omero Antonutti).
Matriculouse en Belas Artes, na Universidade Complutense de Madrid. Realizou un curso de interpretación con Le Strasberg, e seguiu actuando. A súa segunda película foi Las dos orillas, ás ordes de Juan Sebastián Bollaín, o seu tío. Manuel Gutiérrez Aragón deulle un papel destacado en Malaventura e tamén interveu na serie televisiva Miguel Servet, la sangre y la ceniza.
Nos 90 protagonizou Sublet, ópera prima de Chus Gutiérrez, onde era unha española que viaxaba a Nova York. Ademais da comedia Un paraguas para tres, volve poñerse ás ordes do seu tío en Dime una mentira, coprotagonizada pola súa irmá xemelga Mariña. Nesta etapa, a súa película de maior repercusión foi Tierra y libertad, na que Ken Loach bordaba a guerra civil española. Interpretaba a Maite, unha miliciana no medio dos enfrontamentos das distintas faccións republicanas: anarquistas, trotskistas e anarquistas. Durante a rodaxe coñeceu ao home da súa vida, o guionista Paul Averty, normalmente asociado ao cine de Loach. Teñen 3 fillos.
Decidiu converterse ela mesma en directora. Debutou con Hola, ¿estás sola?, unha comedia moi lixeira protagonizada por Silke e Candela Pena, que non permite intuír por onde se ía a desenvolver a súa carreira tras as cámaras. Ela mesma escribira o guión con Julio Medem.
Continuou actuando en cintas como Niño nadie, de José Luís Borau, que volveu contar con ela en Leo. Pero desde finais dos 90 adquire unha maior notoriedade na súa faceta como directora, sobre todo despois de Flores de otro mundo, sólida comedia dramática sobre un grupo de mulleres que acode a unha festa nun pobo onde non hai ningunha en idade casadera.
Naquela cinta xa estaba Luís Tosar, que repetiu ás ordes da cineasta en Te doy mis ojos, sobre o problema dos malos tratos. Bollaín ofrece unha visión completa do tema, e obtivo 7 premios Goya, entre eles os relativos a película e dirección. Quizais obtivo unha repercusión menor Mataharis, correcta cinta sobre tres mulleres que tratan de conciliar a súa vida persoal coa súa profesión de detectives privados. También la lluvia é a súa quinta longametraxe como realizadora.
CECILIA BARTOLI (1966)
Ningún comentario:
Publicar un comentario