05/03/12

Encontro con Abraham Carreiro

Os rapaces e rapazas de 1º ESO imos manter un encontro con Abraham Carreiro, ilustrador de Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata. Será o martes, 6 de marzo.
Abraham Carreiro é debuxante, ilustrador e deseñador gráfico. Ademais do libro que lemos nós, publicou, entre outros títulos, Contos que len outros nenos no mundo e Os pequenos Barbanzóns.
Recollemos unha pequena selección dos comentarios que fixemos na clase sobre o libro:
" Mantén a intriga ata o final, é moi emocionante porque ten un ritmo moi rápido, e iso fai que sexa moi fácil de ler".
"Con  Xoeliki aprendes que co traballo en equipo é máis doado conseguir o que queres".
"Chaman a atención as ilustracións que reproducen a pantalla dun ordenador, fan que a lectura sexa máis divertida".
 "Aprendemos moitas cousas relacionadas co tema dos ordenadores". 
Agardamos que  Abraham Carreiro ademais de contarnos como creou os personaxes e como fai as ilustracións, nos responda a algunhas das cuestións que se nos ocorreron sobre el e o seu libro.

 Deixámosvos o tráiler do libro:


  E máis información na web de  Xoeliki

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas