04/05/12

TEMPO DE LER...

Ao longo deste mes que vén de rematar, fomos, desde a biblioteca, recollendo e pegando nos taboleiros da entrada e do patio cuberto recomendacións de lectura feitas por alumnado de diferentes cursos e etapas: irémolas subindo ao blog ao longo deste mes que comenza. Hai abondo en que escoller e agardamos que vos sexan útiles as recomendacións dos compañeiros. A maneira de presentación, deixámosvos aquí unha mostra dos novos carteis elaborados este ano e das portadas dalgúns dos libros preferidos do noso alumnado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas