O Seminario de Educación Plástica e Visual e o ENDL convídante a participar no concurso de felicitacións de Nadal.
Establécense dúas categorías:
A) 1.º, 2.º e 3.º ESO
B) 4.º ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
A felicitación, que adoptará a forma de postal, deberá incluír imaxe e texto escrito en lingua galega e debes entregala na Secretaría do centro antes do 10 de decembro.
O traballo gañador utilizarase como felicitación oficial do centro nestas datas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario