O pasado venres, 15 de febreiro, os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO tivemos a oportunidade de coñecer a Santiago Jaureguizar. Comezamos o encontro literario cunha presentación das nosas compañeiras Sabela e Lorena onde nos recordaron datos esenciais da súa biografía e da súa traxectoria literaria. A continuación, Jaureguizar contounos como e cando comezou a escribir e que o que máis lle gustaba era crear libros para os rapaces e rapazas da nosa idade.
Despois falounos de O contador de estrelas, de como fixera o libro e das referencias que había da súa vida real (personaxes, espazos...). Díxonos cando o escribira e canto tempo tardou en facelo. Tamén respondeu ás nosas preguntas sobre o libro e a curiosidades que tiñamos sobre os personaxes e sobre a historia en xeral. Unha das cousas que máis nos chamou a atención sobre O contador de estrelas foi que dixo que os personaxes contaban o que querían ser, non o que eran realmente.
Rematou contándonos que a súa lectura favorita era A illa do tesouro de Robert L. Stevenson e deixounos un consello para os que quixésemos dedicarnos a escribir: facer historias cribles aínda que non fosen reais.
Moitas grazas polo teu tempo e por todas as historias que nos contaches.
Gloria López Varela de .4º ESO C e alumnado de 3º ESO A e B
Ningún comentario:
Publicar un comentario