A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou hoxe a primeira edición completa do poemario Cantares Gallegos que se publica integramente en inglés. A edición está promovida pola Xunta de Galicia e a editorial anglosaxoa Small Stations Press, e traducida pola escritora canadense Erín Moure.
A obra de Rosalía de Castro será traducida como Galician songs. Cento cincuenta anos despois da publicación do libro que marca o inicio do Rexurdimento e da recuperación da nosa lingua como lingua literaria, a nosa poetisa máis emblemática e universal traspasa de novo as nosas fronteiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario