Mañá xoves, 16 de maio, no segundo recreo plantarase unha árbore en memoria do autor ao que se dedican as Letras 2013. A alumna Lara Ayerbe (4º ESO B) e Noelia López Sánchez (2º ESO B) oficiarán o acto. Nesta homenaxe farase lectura do texto que Manuel Lourenzo escribiu e leu no enterro de Roberto Vidal Bolaño. Este é:
“Pagou a pena ter collido o carro do teatro, porque nel tamén ías ti, Roberto. Pagou a pena ter montado no carro da vida, porque nel tamén viaxabas ti. Jean-Paul, cando era novo, dixo: “A vida é unha paixón inútil” Resulta evidente que non te coñecía, Roberto. A túa paixón foi a túa vida. E esa paixón é hoxe a túa inmortalidade. Décheste aos demais, á túa tribo humana e galega con ardor, sen avaricia, mesmo ás veces con fecundo exceso. Entregácheste enteiro, sementaches coas túas propias mans, mereciches a terra e conquistaches unha gloria que ninguén che vai negar. Así é que non ficamos orfos. Estamos plenos de ti, orgullosos de portar a túa forza, bautizada no caldeiro da memoria, e de plantala no futuro, para que renaza flor e canto, e se preciso for para que haxa primavera, coio e lapa
Non choredes. Recollei a tea. Espallai o lume”.
Ficas convidada -o
Ficas convidada -o
Ningún comentario:
Publicar un comentario