15/05/14

GAÑADORAS DO CONCURSO DE ENSAIO DO IES DE CURTIS

         Ao remate do presente curso terá lugar a entrega dos premios ás gañadoras do Primeiro  Concurso de Ensaio do IES de Curtis. Este proxecto, promovido polo Departamento de Filosofía, en colaboración cos Departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega, así como coa nosa biblioteca, busca desenvolver a curiosidade e a capacidade crítica e expresiva do alumnado, a través do enxuizamento dun tema da actualidade.
        A gañadora desta novidosa actividade é Alba Núñez Aldudo, de 2º bacharelato A, que recibirá un E-reader, polo ensaio que leva por título La dignidad en la vida y en la muerte.
       Premiarase cun lote de libros ás alumnas clasificadas no segundo e terceiro posto: Nuria Bello Barral, Antía Vázquez Camino e Vanesa Manteiga Souto, todas elas de 2º de bacharelato B.
Parabéns a todas elas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas