
O pasado xoves, 20 de novembro, a ex-alumna do IES de Curtis, Emma Pardo López presentou no Espazo Literario de El Corte Inglés de A Coruña a súa primeira novela, Buenas Noches, Julia.
Arroupada por J.M. Paz Gago, catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de A Coruña, e do escritor e productor cinematográfico Javier Ozores, a xoven escritora explicou ante un numeroso público as razóns que a levaron a entrar no mundo da creación literaria con esta fición xeneracional. Falounos tamén sobre a xénese e o desenvolvemento da novela.
Desde aquí queremos desexar toda sorte de éxitos a esta nova escritora que compartiu connosco un anaquiño do seu pasado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario