Outro castigo eterno famoso foi o de Sísifo, o máis astuto dos mortais. Sísifo foi fundador e rei de Éfira (nome antigo da cidade de Corinto) e pai de Odiseo con Anticlea, antes de que ela casara con Laertes.
Condenado por denunciar a Zeus polo rapto de Exina, foi obrigado no Tártaro a empurrar una rocha enorme ata o cumio dunha pendente, desde onde caía de novo impelida polo seu propio peso, véndose obrigado a empurrala unha e outra vez.
Paula Sánchez Hernández, 1º Bacharelato-B
Ningún comentario:
Publicar un comentario