Hoxe remata a nosa Semana Cultural e contamos coas seguintes actividades:
- Mecánica de competición en cars, charla a cargo de Rubén Pedreira, Profesor de FP (Automoción) e preparador de vehículos de competición.

- Continuidade do obradoiro E ti... Sabes ler publicidade?, a cargo do equipo de biblioteca.
- Obradoiro didáctico DI K NON: prevención do consumo de drogas na adolescencia, realizado pola UTE do Centro Penitenciario de Teixeiro.

- O oficio de actor ou actriz en Galicia: antes e despois de Mareas vivas, charla impartida por Antonio Mourelos, actor e profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Ningún comentario:
Publicar un comentario