30/09/16

UN CURSO MÁIS ABRINDO PORTAS...

       
   Comeza agora un novo curso e un novo tramo do camiño para todos os que compoñemos o Equipo de biblioteca. Facémolo, como sempre, movidos pola ilusión e o empeño en facer deste espazo un lugar para todos dentro do noso IES, onde alumnado e profesorado poidan atopar ferramentas para enfrontar o día a día dentro dun centro de ensino: xornais, revistas,  libros de ficción, científicos, divulgativos, cine, recursos dixitais, espazo para traballar, ler apaciblemente ou mesmo para conversar en voz baixa...

Que a viaxe sexa tan grata para todos como as que quedaron xa atrás! 






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas