Día a día, en todos os espazos nos que transcorre a xornada no noso IES, tentamos dar pasos adiante para chegar ao paraíso dunha sociedade sen violencia, rexida polo respecto e o diálogo e espida de prexuizos e valoracións despectivas.
E hoxe, Día contra a violencia de xénero, queremos facer aínda máis visible a nosa pegada nese camiño cara a un mundo mellor. Para iso, colocamos no corredor da biblioteca carteis alusivos a esta lacra social e recortes de prensa que os noso alumnado trouxo para facer máis visible o que xa o é en demasía. E aquí vos deixamos, ademais, a mensaxe tan tenra como terrible, que o cantautor Pedro Guerra, nos fai chegar na súa canción "Hogar": non o esquezades, a protagonista do tema vive en moitos lugares e en distintos momentos... No noso tamén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario