30/01/17

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Dende hai catro anos celébrase o Día da Ilustración o 30 de xaneiro (data de  nacemento de Alfonso D. R. Castelao) coa intención de que as figuras destacadas da ilustración en Galicia reciban un merecido tributo para revalorizar a súa contribución á nosa cultura e á nosa sociedade. 

Este ano homenaxéase a a un dos grandes ilustradores galegos: Álvaro Cebreiro (A Coruña, 1903-1956). Aquí vos deixamos un pequeno vídeo producido por AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) coa colaboración da Subdirección Xeral de Bibliotecas para contribuír á difusión da súa vida e obra. 

29/01/17

LITERATURA E PAZ

 
     Velaquí a contribución, desde o mundo das artes, e en concreto desde o ámbito da literatura en lingua castelá, á reivindicación da paz coma unha das condicións fundamentais para vivirmos nun mundo cada vez mellor, onde o respecto, a dignidade e o altruísmo formen parte do día a día en calquer lugar.
      O alumnado de 1º de bacharelato, apoiandose nos formatos do haiku e do microrrelato, fixo a súa propia literatura:  deixannos aquí pequenas sementes pensadas para agromar nos campos, moitas veces, ermos, das conciencias.


19/01/17

VÍDEO-RECENSIÓN DE O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR

 No blog do club de lectura do noso centro damos conta das reunións e postas en común nas que falamos dos libros que compartimos. Elaboramos resumos, recensións, presentacións ou vídeos tomando como base as lecturas que nos conmoven, divirten, aterrorizan... Velaquí unha mostra: un magnífico vídeo elaborado por Laura Míguez de 4ºESO A, quen, como unha verdadeira "booktuber",  nos recomenda un libro de relatos de  Agustín Fernández Paz que vai camiño de converterse nun clásico das nosas letras.


Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas