
Pola mañán representouse a traxedia As Bacantes, de Eurípides: Dionisos acude a Tebas, gobernada polo soberbio e autoritario Penteo. O deus do viño pretende instaurar o seu culto, pero o rei négase a admitilo como deus e persigue a quen queira adoralo. A vinganza da divinidade será terrible: fai que as mulleres o sigan e que perdan o xuizo. A consecuencia disto a propia nai de Penteo, mátao e despedázao. A traxedia, unha vez máis, ofrece ante os ollos do espectador, as consecuencias dos erros humanos.

Xa pola tarde, acudimos á comedia Pseudolus, de Plauto. Calidoro é un mozo namorado de Fenicia, prostituta que traballa con outras máis para Baliona. Ésta vendeuna a un soldado macedonio e cando acabe de pagarlle o prezo fixado, vaina mandar con el. Calidoro recorre ao seu criado Pseudolus para evitar a marcha da moza: a fanfarronería, a astucia e o acerto deste servente non só desatará a risa do público, senón que fará posible que Calidoro e Fenicia acaben xuntos ao remate da obra.
O certo é que nos gustou moito: pensamos que os actores que a representaron teñen moito mérito, pois facer rir non é tarefa sinxela. Boa parte do éxito ten que ver coa incorporación de elementos actuais ó argumento: Pseudolus parece Fredy Mercury, o vestiario é moi moderno e cómico, nos diálogos faise referencia a personaxes e feitos do presente do público... Tamén lle aporta moito humor o histrionismo dalgúns actores, como foi o caso de Baliona (na obra plautina é un home): a xesticulación esaxerada e os seus modais "pouco refinados" non deixaron impasible a ninguén .
Ningún comentario:
Publicar un comentario