A obra Poemar
o mar do escritor galego Antonio García Teijeiro foi a escollida polo
xurado para ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil neste ano
2017.

García Teijeiro é o autor, entre outros moitos títulos, de Na fogueira dos versos ou de Petando nas portas de Dylan. É unha constante na súa obra, e tamén na súa vida, a defensa incondicional
do xénero poético concretada a través de
cursos de animación á lectura, obradoiros de poesía, conferencias... A obra
galardoada, publicada o pasado ano por Edicións Xerais forma parte dunha triloxía composta pola narración Palabras
do mar (2016) e o libro
de poemas en castelán En la cuna del mar (2015).
Ningún comentario:
Publicar un comentario