O
6 de abril O Principiño de Antoine de Saint-Exupéry cumpriu 75 anos, unha idade nada desdeñable
para un personaxe infantil. Considerada a obra francesa máis lida e
vendida, foi publicada por primeira vez no ano 1943 en Estados
Unidos, en inglés e francés; tres anos despois, concluída a
Segunda Guerra Mundial, comezou a súa andaina editorial en Francia.
A día de hoxe, a novela curta de Antoine de Saint-Exupéry foi
traducida a 250 idiomas e dialectos. Tamén se atopa dispoñible en
braile e conta con numerosas adaptacións ao cinema.
Recordamos
unha das frases máis inspiradoras do libro:
On
ne voit bien qu’avec le coeur. L’essentiel
est invisible pour les yeux.
Soamente
se ve ben co corazón. O esencial é invisible para os ollos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario