05/06/18

PREMIOS LITERARIOS


     
     Nos últimos días foron varios os premios concedidos a autores  e autoras vinculados por razóns varias ao pequeno universo literario que conforma Curtisbiblio e o Club de Lectura Fendetestas.  
  
     Un dos  recoñecementos máis prestixioso das nosas letras é, sen dúbida, o Premio Xerais. Nas categorías de  novela, literatura xuvenil e literatura infantil   galardoou respectivamente a  Emma Pedreira por Besta do seu sangue, a Carlos Negro  por Aplicación instantánea (Premio Jules Verne) e a  Héctor Cajaraville por Kusuma de Héctor Cajaraville (Premio Merlín) de Literatura Infantil. Cumprirá agardar ata o mes de outubro para  a publicación das obras, momento no terá lugar a cerimonia de entrega dos galardóns. 


     






    Poucos días antes do fallo dos Premios Xerais celebrouse a Gala do Libro  Galego onde se premiaron as mellores iniciativas editoriais do ano 2017.  Destacamos a A nena do abrigo de astracán  de Xabier P. Docampo que recibiu o galardón  á mellor obra de narrativa e  Os nenos da varíola  (un éxito total no noso club de lectura) de  María Solar escollido como mellor libro xuvenil. Mención especial merece a poeta de Fisteus, Lupe Gómez, que recolleu o premio ao mellor libro de poesía pola súa obra Camuflaxe.




     
 
 
       








    
      Dende Curtisbiblio  e do Club de Lectura Fendetestas queremos felicitar  eses autores e autoras que consideramos, dalgunha maneira, un pouco nosos. Moitos deles formaron parte das nosas  propostas de lecturas ou mantiveron interesantes encontros literarios co alumnado.



     Grazas a todos e a todas e moitos parabéns!
  
       

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas