27/06/18

XABIER P. DOCAMPO


     Curtisbibio e o Club de Lectura Fendetestas queren lembrar a memoria do escritor Xabier P. Docampo falecido no día de onte. Tivemos a honra de contar en varias ocasións coa súa presenza no no noso centro e de deleitarnos coas historias que nos contou. Recuperamos do noso arquivo unha fotografía do  súa última visita.


       Obras como O misterio das badaladas,  O pazo baleiro,  O país adormentado, A illa de todas as illas, A nena do abrigo de astracán... poboan os andeis da nosa biblioteca e forman parte do noso patrimonio cultural. Unha das  máis coñecidas é, sen dúbida, Cando petan na porta pola noite. Este conxunto de relatos foi proposta de lectura no noso club en varias ocasións. Queremos lembrar, a xeito de homenaxe, a referencia ao fermoso epílogo deste libro  no que o autor fala daquelas cousas que o atemorizan e a versión persoal que fixo do mesmo un grupo do noso Club de Lectura.



 Nós  temos medo a…
 Á morte
Ás enfermidades
A durmir e non espertar
A perder a memoria
A quedar só
Ás abellas,  ás avespas, aos ratos…
A que desaparezan os animais
Aos tolos
Ao manicomio
A que me tomen por tolo
A deixar de ser un neno
A perder a imaxinación
A suspender un exame ou unha materia
Á deforestación
A que me enterren vivo
Aos xihadistas
Á eternidade
Á nada
 ..............
 E vós, a que lle tedes medo? 

 Fendetestas de 1º ESO curso 2014-2015

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas