24/10/18

DÍA DA BIBLIOTECA


          Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día da Biblioteca.  Este curso, o lema proposto por Bibliotecas Escolares  para  dar a coñecer as múltiples opcións de acceso ao coñecemento que podemos atopar nunha biblioteca é o seguinte: Poéticas diversas na biblioteca escolar. 

Un fermoso cartel ilustrado por  Nuria Díaz convídanos "a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son". 


 



O equipo de Curtisbiblio recolle a suxestiva proposta de "poetización".  Tentaremos,  a través das actividades da nosa biblioteca, darlle forma e concretala ao longo do curso. No Día da Biblioteca ofrecemos un pequeno adianto a través das palabras dun dos nosos poetas de referencia,  Carlos Negro: “ A poesía é libre ou non é nada”.




2 comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas