Unha mostra das actividades desenvolvidas para conmemorar o Día de Rosalía: Nuno Couso (2º ESO B) rende, a través do recitado do poema "Pra a Habana!", a súa particular homenaxe a Rosalía de Castro.
24/02/19
DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro de 1837 naceu María Rosalía Rita, máis coñecida
como Rosalía de Castro. Celebramos hoxe
o 182 aniversario do nacemento da nosa
poetisa recoñecida universalmente. Este ano a fermosa iniciativa da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega propón o seguinte lema para lembrar a
actualidade da obra da autora:
Do XIX ao XXI: Libre o meu pensamento!
No Ies de Curtis, dende
o espazo de Curtisbiblio, ofrecémoslle o noso recoñecemento reivindicando a súa figura e o seu pensamento. Facémolo a través dunha pequena exposición composta por imaxes, unha escolma dos seus poemas, as súas obras e bibliografía sobre a transcendencia e a contribución literaria da nosa insigne autora.
22/02/19
CONCURSO QUE SABES DO PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO. PREGUNTAS DO VENRES
1. Comment
s’appelle le tableau qu’Edouard Manet a peint en
1862?
2. Foi
unha figura moi importante na cultura galega do século XX e tivo na
súa xuventude contacto con artistas tan destacados coma Lorca,
Dalí, Buñuel ou Picasso.
3. Traballou
en Nueva York baixo a dirección de Severo Ochoa, destacou polos
seus estudos científicos arredor da Xenética e ocupa, ademáis, un
posto na RAE como Académica da Lingua.
4. Esta
banda británica, liderada por un famoso solista falecido en 1991,
recibiu un Grammy recentemente en recoñecemento ó seu labor
musical.
5. Trátase
dun monumento da Roma Antiga, destinado no momento da súa
construción a albergar espectáculos; ademais, serviu, co paso dos
séculos, como modelo para edificar recintos deportivos modernos
21/02/19
QUE COÑECES DO PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO. PREGUNTAS DO XOVES.
-
What is the name of the band who was created at a TV show? Did they win?
-
Dúas obras da literatura galega que conseguiron superar os 100.000 exemplares.
-
Deseñou o “keviar”, unha fibra de alta resistencia que se emprega, entre outras cosas, para facer chalecos antibalas.
- É un templo ofrecido en honor á deusa Atenea para conmemorar a vitoria sobre os persas nas Guerras Médicas.
-
En 1750 ocupou a cátedra de Matemáticas e Filosofía Natural na Universidade de Bolonia.
20/02/19
QUE COÑECES DO PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO. PREGUNTAS DO MÉRCORES.
-
En que obra de Jules Verne aparece un episodio ubicado na Illa de San Simón?
-
Il est devenu célèbre dans le film Les Choristes et on dit qu’il a été la meilleure voix blanche. Qui est-ce?
-
Un buque do Instituto Español de Oceanografía leva o nome desta científica galega.
-
Pintou nos seus cadros estampas cotiás de luminosas praias mediterráneas.
-
Foi Premio Príncipe de Asturias das Artes no 1991 xunto con Pilar Lorengar e Victoria de los Ángeles, entre outros.
QUE COÑECES DO PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO. PREGUNTAS DO MARTES.
1. Durante moitos anos ocupou o sillón “e” da RAE.
2. Traballou como microbiólogo nun hospital londinense ata o inicio da I Guerra Mundial.
3. Nacido en Halicarnaso, é considerado o primeiro historiador coñecido.
4. David Robert Jones was a singer as well as being ____________ and _____________ .
5. No seu interior atópase a cúpula máis grande construída na Antigüidade, con 43 metros de altura e cun óculo central que simboliza o Sol.
18/02/19
QUE COÑECES DO PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO. PREGUNTAS DO LUNS
Lembra que tes nas bases (entrada anterior) o enlace ás fontes de información onde podes buscar estes datos. Ten tamén en conta que debes responder na lingua que se che pregunta.
No primeiro recreo do martes entrega na biblio a ficha coas respostas e recolle a que contén as novas preguntas:
1. Are the sentences True or False? Correct the false statements.
a) Jane Austen died when she was 20.
b) David Bowie died before he had released his last album.
c) Harry Kane has become an international football player.
2. Quels sont les deux métiers de Frédéric Bau?
3. Cal é o nome real de “Fibonacci”, matemático que viviu no século XIII?
4. Deuse a coñecer co single “Space Oddity”.
5. No óleo A derradeira lección do mestre, de Castelao, represéntase o asasinato dun home. Quen é?
No primeiro recreo do martes entrega na biblio a ficha coas respostas e recolle a que contén as novas preguntas:
1. Are the sentences True or False? Correct the false statements.
a) Jane Austen died when she was 20.
b) David Bowie died before he had released his last album.
c) Harry Kane has become an international football player.
2. Quels sont les deux métiers de Frédéric Bau?
3. Cal é o nome real de “Fibonacci”, matemático que viviu no século XIII?
4. Deuse a coñecer co single “Space Oddity”.
5. No óleo A derradeira lección do mestre, de Castelao, represéntase o asasinato dun home. Quen é?
15/02/19
CONCURSO QUE COÑECES DO PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO?
Despois de toda a tarefa de investigación arredor do Patrimonio Cultural de Europa, o luns arrinca un concurso que pon a proba a vosa pericia á hora de atopar datos en fontes escritas. Veña, animádevos a participar! Dous equipos, aqueles que acumulen un maior número de acertos ó longo da semana vindeira, recibirán os seus merecidos premios!
14/02/19
HOMENAXE A J.D. SALINGER NO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO
Desde Curtisbiblio queremos render a nosa homenaxe ao autor de O vixía entre o centeo, obra tan controvertida coma famosa no panorama da literatura universal. Velaquí o resultado do traballo feito coa colaboración de membros do equipo da biblioteca e do alumnado:
05/02/19
PLC E PAL 2018/19 NO NOSO IES
Vimos nos últimos meses de revisar e facer as modificacións oportunas nos dous documentos que conteñen as liñas xerais de actuación que no noso IES se aplican para mellorar as habilidades comunicativas e informacionais e para desenvolver o gusto pola lectura, ferramentas esenciais para a interacción social e para o crecemento persoal do noso alumnado.
Aquí vos deixamos, actualizados, o noso Proxecto Lector e o Plan Anual de Lectura, a disposición de todos aqueles que os queiran coñecer e consultar.
04/02/19
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas



