31/03/19

QUEN É ESA MULLER?


     Un ano máis organizamos desde a biblioteca o concurso Quen é esa muller? destinado non só a perfeccionar as habilidades do noso alumnado á hora de ler e investigar, senón tamén a divulgar o coñecemento sobre mulleres traballadoras con contribucións ben destacadas á consecución dunha sociedade mellor. 
     Os exames e a Semana Cultural leváronnos a atrasar esta actividade que sempre se desenvolve en marzo. Empezamos este mércores e con novidades importantes: nesta ocasión temos tres encrucillados para resolver... E unhas entradas de cine agardando ó equipo gañador!! Quen se anima? 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas