Como peche á XXVI edición da Semana Cultural do IES de Curtis tivemos a honra de asistir á representación de Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira a cargo de Mofa e Befa.
A obra, á que asistiu a totalidade do alumado, é unha visión crítica da sociedade actual que toma como fío condutor as ensinanzas de filósofos históricos como Sócrates, Pitágoras, Kant... A estas engádense as do descoñecido Polemón, o máis grande filósofo galego, que resulta ser o pai de Mofa e Befa.
Antes da representación, Víctor Mosqueira e Josito Porto accederon amablemente a ser entrevistados por Natalia Vázquez e Sara Sánchez, alumnas de 3º ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario