O pasado luns no IES de Curtis recibimos a Andrea Maceiras nun encontro
organizado polo Departamento de Lingua Galega e o Club de Lectura. Con ela
puidemos conversar sobre dúas das súas obras máis coñecidas: Europa Express e O que sei do silencio.
Os rapaces e rapazas de 3º intercambiamos impresións coa autora sobre a primeira das novelas. Comezamos a sesión cunha presentación relacionada coa obra coa que nos explicou o que era un spin off (narracións que derivan das obras orixinais, convertendo un personaxe secundario en protagonista). Contounos que a idea de narrar as vivencias duns rapaces que fan un percorrido por Europa en Interrail ao rematar 2º de Bacharelato tiña un certo compoñente autobiográfico. Falamos das amizades, das viaxes e dos perigos das drogas.

Na segunda sesión, os Fendetestas de 4º ESO e 1º Bach conversamos sobre o acoso escolar e como a necesidade de integración social que todos temos pode facernos permitir determinadas condutas ou comportamentos incorrectos. A escritora fixo que nos puxeramos na pel dos acosadores para decatármonos de como todos podemos sentirnos identificados, en maior ou menor medida, con eles. Ao igual que en Europa Express, a autora fixo referencia ao feito de que a obra tomaba como base unha historia real que a impresionou especialmente.

Falamos da relación da literatura co cinema e compartimos impresións sobre determinadas lecturas e series que nos interesaron. Comentounos que comezou escribíndolle contos á súa irmá pequena e que se sentía especialmente identificada coa literatura infantil e xuvenil.
Resultou tamén interesante o percorrido que fixo arredor do proceso creativo e das fases previas á publicación das súas novelas: incidiu no tempo que leva darlle vida a unha idea para transformala nunha historia. Con posterioridade á redacción, sucédense unha serie de fases que moitas veces non son advertidas polo lector: correccións, elección do titulo, da cuberta, ilustracións...Ardua tarefa, polo tanto, a do escritor.
Sen dúbida un encontro moi interesante e produtivo que nos fixo reflexionar sobre diversos temas. Queremos destacar que Andrea Maceiras nos conquistou coa súa simpatía e amabilidade e agradecémoslle unha vez máis o seu tempo e dedicación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario