O pasado 16 de maio os rapaces e rapazas do IES de Curtis fixemos un
percorrido pola historia das nosas letras cunha temática común: a natureza. As
actuacións, nas que participaron todos os cursos da ESO, foron moi plurais e variadas.
Os presentadores, Iria e Mateo de 4º ESO, deron comezo ao acto cunha dramatización
baseada no prólogo de Cantares Gallegos interpretada por Natalia Vázquez de 3º ESO.
Ademais do recitado de varios poemas e de lecturas de textos relacionados coa natureza puidemos escoitar unha versión rapeira do himno galego a cargo de Dalvin Familia e Sergio
Casal de 3º ESO.
Vídeos elaborados polo alumnado, presentacións sobre autores e autoras combinaron a súa mensaxe coas actuación musicais representadas polas pandereiteiras das agrupacións de música tradicional de Curtis e Teixeiro.
A rapazada de 1º ESO a través da lectura de cantigas populares deu recoñecemento ao inmenso labor realizado polo autor homenaxeado no Día das Letras 2019: Antón Fraguas.
Cómpre destacar que a realización actividade non tería sido posible sen a implicación de todo o alumado. A elaboración dos vídeos e presentacións, a asistencia técnica, a preparación do escenario... foron tarefas colectivas que supuxeron un gran esforzo e ocuparon moitos recreos.
Moitas grazas e parabéns a todos e a todas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario