Tal
día coma hoxe, o 5 de xuño de 1869, un poeta galego
chamado Manuel Curros Enríquez escribiu un poema que comezaba do seguinte xeito: " No xardín unha noite sentada...".
Cando redactou esta composición, á que lle puxo por título "Cántiga", o autor contaba só con dezaoito
anos e vivía en Madrid. Anos despois, nunha viaxe a Ourense, o
escritor escoitou interpretar o texto que el creara e ao que lle puxera música un bo amigo seu, o compositor José Castro, Chané.
Do inmenso éxito e recoñecemento que tivo a composición dá proba o feito de que a voz do pobo modificou o verso inicial da
composición transfomándoo en "Unha noite na eira do
trigo" pasando incluso a substituír ao título orixinal. Converteuse, sen dúbida, nunha das cancións máis emblemáticas da cultura galega chegando a traspasar as nosas fronteiras. Unha historia de amor imposible cun pano de fondo de denuncia social que consegue que nos traslademos ao século XIX e vivamos a impotencia dos que se viron obrigados a tomar o camiño da emigración.
Se queredes saber máis sobre a historia deste poema musicado podedes ver o programa No bico un cantar da TVG no seguinte enlace: Unha noite na eira do trigo
Ningún comentario:
Publicar un comentario