Por iniciativa do
Consello de Europa, desde o ano 2001 celébrase o Día Europeo das Linguas para
poñer en valor a diversidade lingüística da UE e para promover a aprendizaxe de
idiomas entre a cidadanía do Vello Continente.
Recollemos as fermosas palabras que
o escritor Francisco Castro lle dedica a
esta celebración.
Hoxe
é o Día Europeo das Linguas. Así que eu digo que queremos galego.
Galego nas casas.
Galego na lingua.
Lingua galega porque é a lingua de nós.
Patrimonio milenario.
Galego nos medios de comunicación algún día máis que o 17 de maio ou o 25 de xullo.
Galego nos colexios. Que o ensino sexa unha fonte galeguizadora e non do revés.
Galego nas tendas, nas grandes empresas.
Galego na vida.
Avós e avoas, pais e nais, transmitindo o único que nós temos e o resto non ten, que é unha lingua de nós herdada da historia.
Galego como orgullo.
Galego con orgullo.
Galego non como máscara política dos que, no fondo, non cren no idioma nin no país.
Hoxe é o Día Europeo das Linguas e temos unha lingua, carafio! Unha lingua propia!!!
Galego.
Hoxe e sempre.

Francisco
Castro (escritor e director xeral da editorial Galaxia)
Ningún comentario:
Publicar un comentario