Vén de deixarnos unha das investigadoras máis senlleiras dentro da ciencia española e unha figura moi presente nas actividades organizadas na nosa biblioteca arredor da difusión de persoeiros salientables nos distintos campos do saber.
Margarita Salas desenvolveu unha tarefa cun enorme grao de relevancia no mundo da ciencia e así se lle recoñeceu ao longo da súa vida con distintos premios e coa súa pertenza a importantes institucións científicas. Cómpre recordar hoxe a súa figura e subliñala como modelo para todos os alumnos e alumnas do noso instituto que vexan na ciencia e na investigación camiños para o seu futuro. Descanse en paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario