A cultura cinematográfica do noso alumnado, no que se refire ao subxénero de suspense e terror, paseouse estes días polo corredor da biblioteca: os equipos participantes no concurso tiñan que adiviñar unha ducia de títulos de películas a través dun único fotograma en cada caso.
O reto estivo ben animado e ao final xa temos gañadores. Poderán pasar un bo tempo de lecer con aquilo que demostraron adorar: o cinema. Parabéns aos equipos que adiviñaron máis títulos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario