15/12/19

SEMPRE XONXA


    Veñen de cumprirse 30 anos da estrea de Sempre Xonxa de Chano Piñeiro. Esta longametraxe, que marcou o inicio do cinema galego,  foi un grande éxito de crítica e público chegando a acadar  histórica cifra de 62.000 espectadores.   Unha historia de Galicia e da vivencia e as consecuencias da  emigración que fai un percorrido ao longo de corenta anos  (1946-1986) polas vidas de tres personaxes unidos pola amizade e polo amor. Estruturada en catro secuencias que se corresponden coas etapas da vida,  a súa rodaxe durou máis dun ano para conseguir amosar ao espectador a natureza nas distintas estacións.  A historia ofrece unha reflexión sensible e conmovedora á vez que  rotunda e impactante sobre  a complexidade das relacións afectivas e o poder dos sentimentos. 
Ficha artística e técnica de Sempre Xonxa.




     Tivemos que agardar ata 2019 para atopar outro filme que fose quen de superar á xa mítica Sempre Xonxa.   O mérito debémosllo a   Óliver Laxe con O que arde  que, ademais de acadar numerosos galardóns a nivel internacional, vén de lograr catro nominacións para os Goya (incluída a de Mellor Película).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas