23/09/20

ABRINDO PORTAS

   

     Hoxe dá comenzo, por fin, este novo curso cheo de incertidumes e marcado pola presenza da COVID-19, que non parece disposta a marchar aínda. 

    Coa mellor vontade, e cun sorriso, aínda que as máscaras non o deixen ver, abrimos as aulas e, como non, a nosa biblioteca.  Aínda presentando unha nova distribución por mor das normas  de prevención, este espazo arrinca cheo de novidades lectoras, proxectos e enerxía.  Na procura da maior seguridade posible, o equipo de profesores implicado no  funcionamento deste lugar vén de elaborar un protocolo especial para os usuarios. Recollémolo aquí para que o vexades non só nas aulas cos titores, senón tamén no voso blog: máis ca nunca, a biblioteca é cousa de todos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas