"Lectura dramatizada do texto As mulleres do porvir, co que o CCG quere
 homenaxear á pensadora Concepción Arenal, pero tamén á actriz, 
directora e dramaturga Dorotea Bárcena. Este foi o seu derradeiro texto 
dramático, publicado en 2003. O audiovisual está producido para o 
Consello da Cultura Galega por A Quinta do Cuadrante e dirixido por Tito
 Asorey". (Consello da Cultura Galega)
  "Este traballo contribúe a desmontar ese discurso contraditorio, nas
 leis e nos costumes, que privou e priva as mulleres de viviren en 
plenitude, desenvolvendo as súas capacidades, aspiracións e 
responsabilidades en condicións de igualdade coa outra metade da 
humanidade" (Prólogo do libro de Concepción Arenal A muller do porvir)
Ningún comentario:
Publicar un comentario