30/01/21

DÍA DA ILUSTRACIÓN GALEGA: LOLITA DÍAZ BALIÑO

    Tal día coma hoxe, 30 de xaneiro, naceu en Rianxo no ano 1886 un dos persoeiros máis relevantes da cultura galega: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Dende o ano 2014 esta é a data escollida para celebrar o Día da Ilustración Galega como un recoñecemento máis ao legado do escritor, político e debuxante.

     Na edición do 2021 a figura homenaxeada é por vez primeira unha muller: Lolita Díaz Baliño.  Nada na Coruña en 1905 e criada nunha familia de artistas, destacou dende moi nova na fotografía e na pintura. O seu irmán Camilo Díaz Baliño, pai de Isaac Díaz Pardo,  un importante artista gráfico vencellado ao pensamento galeguista, foi asasinado en 1936. A pintora, que destacou como debuxante e acuarelista, desenvolveu tamén a docencia na Escola de Artes e Oficios da cidade herculina.   Integrante da Real Academia Galega das Artes dende o ano 1938, foi unha pioneira na presenza feminina no mundo das artes.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas