A escritora Xela Arias será a homenaxeada na edición do Día das Letras Galegas deste ano. A malograda poetisa, nada en Lugo en 1962, faleceu cando contaba só con 41 anos por un problema cardíaco. A súa curta vida non lle impediu ser unha das nosas máis singulares voces poéticas concretada ao longo de catro obras fundamentais: Denuncia do equilibrio (1986), Tigres coma cabalos (1990) , Darío a diario (1996) e Intempériome (2003). Ao carón da súa contribución ao mundo da poesía cómpre salientar o seu labor como tradutora e editora vinculado á editorial Xerais.
Unha voz feminina e feminista que nos
achegou a un universo poético transgresor e anovador dende a lingua galega. Neste
enlace pódese acceder a unha entrevista á autora realizada polo escritor Manuel Rivas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario