Dende o ano 2018 celébrase en Galicia o Día dos Medios en Galego, conmemoración que pretende poñer de relevo a necesidade de contar cun xornalismo plural na nosa lingua. A data escollida é unha homenaxe ao inicio da publicación en 1876 do primeiro xornal en galego, O Tío Marcos da Portela dirixido por Valentín Lamas Carvajal.
Compartimos dúas reflexións sobre o tema: un artigo dun vello coñecido do noso centro, o profesor Angel Carracedo e un vídeo que recolle as respostas que dan varios persoeiros da nosa cultura á seguinte pregunta: Por que son necesarios os medios en galego?
Ningún comentario:
Publicar un comentario