26/02/21

NOVA EDICIÓN -VIRTUAL- DO NOSO CONCURSO QUEN É ESA MULLER?

 

    Nestes tempos de pandemia que nos toca vivir a actividade do instituto segue adiante, pero non sempre como quixeramos. Porén, a ameaza do virus non vai botarnos para atrás á hora de poñer o noso gran de area no labor de difusión  da importancia da muller no progreso social de todas as épocas (conmemoración do 8M ). 

    Desde o equipo de biblioteca vimos de deseñar un novo formato do concurso Quen é esa muller? destinado á busca de información sobre mulleres relevante de todas as épocas e de diferentes campos da realidade; desta volta todo se fará de xeito virtual: a información atoparase dixitalizada no blog e cada proba (rosco tipo pasapalabra, encrucillado...) deberá realizarse na aplicación Educaplay, a través dun PIN de acceso para cada equipo. Velaquí as bases... E, veña, a participar! 

    Na próxima entrada aparecerán publicados os enlaces ás breves biografías de cada unha das mulleres que fomos integrando no concurso. Nestes materiais, ordenados cronolóxicamente, atoparedes os datos necesarios para completar a información requerida en calquera das probas dos tres días do concurso. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas