18/10/21

DÍA DAS ESCRITORAS

     Celebramos hoxe O Día das Escritoras. Recollemos a proposta de Bibliotecas Escolares e damos visibilidade ao labor tantas veces esquecido das mulleres. 

    Escollemos dous fragmentos do libro Memoria do silencio de Eva Mejuto como mostra desta realidade e do necesario recoñecemento:

Resulta ben triste pero non é habitual nestes tempos nin nestes lares ver mulleres escribindo. De feito, aquí ben poucas somos as que sabemos ler. As mulleres, cociñar, coser e parir. Esta é a escola que temos. (...)

Ás mulleres non nos queda outra que facer de parvas e pór boa cara, polo menos de porta para fóra. Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos porque somos invisibles coma o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente porque non se ve.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas