Este 11 de febreiro conmemoramos no IES de Curtis, un ano máis, o DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA. Rendimos, con humildade e admiración, homenaxe a todas esas formidables mulleres que co seu saber e co seu talento fixeron e seguen facendo que o mundo no que vivimos sexa cada vez un pouco mellor.
Velaquí unha serie de enlaces e recomendacións lectoras que nos axudarán a entender mellor o que se agocha detrás dos nomes e apelidos de moitas mulleres adicadas ó labor científico. Traballo encomiable, sen dúbida, o de todas elas!
MULLERES NA CIENCIA QUE MARCAN A DIFERENZA DURANTE A PANDEMIA : https://www.unwomen.org/es/news/stories/2021/2/compilation-women-in-science-leading-during-the-pandemic
CIENTÍFICAS CUN IMPORTANTE PAPEL NA HISTORIA: https://isic.es/blog/conoce-a-las-cientificas-mas-importantes-de-la-historia/
PARA LER :
Vinte mulleres. Cheas de valor. Rompedoras. De distintos séculos, de distintos países e distintas culturas. Vinte exemplos de paixón, de compromiso e de vontade de cambiar o mundo, a través da arte, da ciencia, do ecoloxismo, da astronáutica... )
E PARA SEGUIRMOS LENDO:
E se queredes investigar, baixade á zona de acceso á biblioteca e ó carón da porta de saída atoparedes no taboleiro os nomes de máis de 30 mulleres que co seu empeño por investigar ocupan un lugar máis que significativo nas páxinas do gran libro da ciencia... Deixade que a curiosidade vos invada e buscade cales son os seus campos de traballo e os seus logros: merece a pena!
Ningún comentario:
Publicar un comentario