Nesta semana previa ás vacacións de Semana Santa o instituto anda con moita actividade no día a día: celebramos unha nova edición da Semana Cultural do IES de Curtis. E como xa é costume a biblioteca, xunto co salón de actos e determinadas aulas, acolle actividades variadas e relacionadas con diferentes materias e competencias. Velaquí un exemplo: tivemos a sorte de ter con nós a Xurxo Mariño co seu magnífico discurso científico, tan próximo como enriquecedor... Todo un luxo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario