Como cada 23 de febreiro celebramos o nacemento de Rosalía de Castro. A imaxe e as palabras da escritora foron invadindo paseniño diferentes espazos do noso centro. Demos continuidade a actividades como a exposición dos libros ou a ilustración de poemas e incorporamos novidades como a sección Que diría Rosalía? e a iniciativa de agasallar un libro e unha flor. Na nosa biblioteca tamén reservamos un pequeno curruncho para lembrar a nosa escritora máis universal.
Velaquí a galería de imaxes:
Ningún comentario:
Publicar un comentario