Como xa é costume no noso IES, aproveitamos a data do 23 de abril para subliñar a importancia dos libros con diferentes temáticas e formatos na sociedade e na vida de cada un de nós. Este ano, ademais, a conmemoración coincide coa Semana Cultural do centro, feito que axuda a difundir o valor do saber e da lectura no noso crecemento persoal.
Por outra banda, ontinuamos, un curso máis, coa iniciativa LIBROS PARA VÓS, coa que grazas ás doazóns particulares (casas, profesorado, persoal non docente...) o alumnado pode levar gratuitamente para a súa casa libros e revistas, co compromiso de respectalos e mantelos axeitadamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario