Nesta semana abrimos as portas do IES a unha morea de actividades promovidas polos distintos departamentos que viñeron modificar a dinámica cotiá do ensino: charlas, obradoiros, concursos, competicións deportivas... encheron de novidade o discorrer dos días nos diferentes cursos, etapas e modalidades educativas.
Desde o equipo de biblioteca foron dúas as actividades que se promoveron para a etapa de ESO: o concurso de cultura xeral A ver se o sabes... e o obradoiro de publicidade E ti sabes ler... publicidade? destinado a fornecer ao alumnado de ferramentas para a lectura crítica das mensaxes publicitarias. Nos dous casos houbo unha boa participación por parte do alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario