Un ano máis andamos atarefados coa BIBLIOCIENCIA neste mes de novembro e no comenzo de decembro...
Traballamos para visibilizar a idea de que a ciencia nas súas distintas modalidades, cos contidos divulgativos que a acompañan e coas habilidades manipulativas propias de cada saber, constitúe unha parte moi significativa da nosa biblioteca. A encomiable colaboración dos departamentos de ciencias está a facer posible que a anatomía, as sorprendentes imaxes microscópicas captadas nos laboratorios do instituto, os xogos matemáticos e os libros relacionados co saber científico formen parte do día a día no centro neste Mes da Ciencia en Galego. Velaquí unha pequena mostra...
Ningún comentario:
Publicar un comentario